Novas


14/05/17

CO VOSO APOIO O EQUIPO DE DEBATE DO COLEXIO PODE CHEGAR A MADRID

O equipo de debate do colexio que gañou este ano o Parlamento Xove lanzouse a aventura e está participando no TED (Torneo de debate escolar nacional) Non todos os equipos que participan poderán chegar a debater en Madrid, antes teñen que pasar varias probas. Neste caso tiveron que facer un vídeo no que nos convenzan de porque deben estar en Madrid. Para demostrar que conseguiron convencer necesitan que se vos gusta o seu traballo lle deades ao like (me gusta) en youtube e deixedes algún comentario (unha valoración persoal ou simplemente unha mensaxe de ánimo) Tendes o link para poder votar baixo estas liñas. Moitas grazas. Esperamos o voso apoio!

Fuente: https://www.youtube.com/watch?v=Hh8qm97lPGU