Novas


14/05/17

2º DE PRIMARIA COMEZA O TERCEIRO TRIMESTRE

Os nenos/as de 2º comezamos o trimestre con ganas, facendo unha das actividades que mais nos gustan, comezar os traballos na horta. Fomos á tenda a mercar as nosas plantiñas, que logo puxemos con esmero na nosa parcela. De agora en diante teremos que vir a coidalas a miúdo. Tamén puxemos algúns obxectos para evitar que as gaivotas nolas comesen (a ver se funcionan). Tamén tivemos a visita do autor do libro Marcopola, que traballaremos na clase proximamente.Algúns compañeiros incluso fixeron unha “actuación estelar” xunto co autor, axudándoo na súa presentación.Coma sempre deixounos algún dos seus divertidos debuxos. E falando de libros outra das actividades na que nos divertimos moito, foi a de recitar aos clásicos.Este ano tocounos Platero, ese burriño tan tenro que parece de algodón.Algúns de nos fixémolo de memoria, outros usámolo libro, o importante era atreverse. Non nos olvidamos de ir a Capela para a celebración da Pascua, ese tempo tan alegre, que festexa a ledicia de saber que Xesús está entre nos. Ademais este ano fixemos un mural conmemorativo entre diferentes cursos, en forma de ovos de Pascua.