Novas


16/05/17

NOVAS VISITAS DO DÍA DO PROTAGONISTA EN INFANTIL

TRES ANOS A Este xoves veu a visitarnos Miguel, o pai de Valeria Magdalena. Miguel é técnico de telecomunicacións e explicounos que o seu traballo é instalar o telefono e internet en diferentes espazos: tendas, casas, farmacias... para que esteamos todos sempre ben comunicados. Explicounos como se comunicaba antigamente a xente, dende as cartas ata chegar aos teléfonos intelixentes que temos agora. Trouxo un teléfono antigo para que puideramos manexalo nos e uns teléfonos feitos con vasos de plástico para facer unha dinámica moi divertida. Contounos tamén que non todo é traballar e ensinounos cales eran os seus pasatempos, as carreiras nas bicis de montaña e a pesca submarina. Mostrounos tódolos instrumentos que necesitaba para realizar estas actividades e ensinounos fotos e vídeos para que o comprendéramos mellor. Encantounos poder toquetear todas as cousas: o bombín, as gafas, o tubo... Moitas gracias pola túa visita Miguel foi un pracer! TRES ANOS B Esta semana en tres anos “B” contamos coa visita do pai de Carla. Él contounos que ten unha empresa chamada PLAGAL, que se adica a sacar das casa algúns animaliños, e de levalos a outro sitio onde vivirán moito mellor. Ensinounos como collía os nidos da avispa asiática, explicounos todo o proceso, como se tiñan que poñer unha mascarilla, e un traxe especial para que as avispas non os picaran, como as dormían cun pouco de fume, e despois levábanas ao bosque para vivir máis cómodos. Tamén nos explicou como collían con comida aos ratiños que se nos meten na casa, ou os insectos, e como tamén despois os soltan. Agasallounos con varias cousas: unhas caixiñas con efecto lupa, para que cando saiamos ao bosque poidamos observar algún insecto, un ratiño de peluche para cada un de nós, e tamén un conto para leer na clase. ENCANTOUNOS A VISITA, VOLVE CANDO QUEIRAS! CINCO ANOS B Esta semana en 5 anos “B” tivemos tres visitas: Na primeira viñeron dúas nais que nos ensinaron a atar os cordóns dos zapatos que non é tarefa sinxela. Trouxéronos un modelo dun zapato de cartón que decoramos con moitas ganas, logo metémolos cordóns e aprendemos a facelo nodo e a lazada. Para facer o nodo tiñamos que estirar os cordóns e pasar un extremo por debaixo do outro e para facela lazada tiñamos que facer dúas orellas de coelliño e pasar una por debaixo da outra e logo tirar. Non foi tarefa fácil. Agora tócanos practicar na casa. Como nos portamos tan ben e estivemos moi atentos agasalláronnos con unas galletas feitas por elas mesmas. MOITAS GRAZAS MAMÁS!!!!!! Na segunda visita viñeron tamén dúas nais. A primeira explicounos que traballa nunha fábrica de mexillóns e ensinounos unhas fotos para ver como se cultivan os mexillóns , onde viven, como se recollen, que teñen moitas vitaminas e que para abrilos teñen unha ola máis grande que a nosa clase. Tróuxonos uns mexillóns con cuncha e outros xa abertos , outros en latas e outros envasados que é como nós os compramos. Finalmente agasallounos cuns mexillóns de xoguete. A outra nai explicounos que traballa nunha tenda de xoias, ensinounos fotos das cousas que vende, e que tamén arranxan as xoias que se estragan. Logo fixemos a cadansúa pulseira con goma eva e decorámola con adhesivos , despois déronnos unha caixiña para gardar as xoias e unha bolsiña para poder gardar todo. Por último como fomos tan boíños as dúas mamás déronnos gusanitos e piruetas. MOITAS GRAZAS MAMÁS!!!!! Na terceira tivemos a visita dun pai e unha que nai traballan nunha oficina de “Sanitas”. Explicáronnos detalladamente en que consiste a súa profesión , que é un seguro e para que serve, como se chama o médico dos nenos/as, como se chama o médico dos dentes , o que nos mira a vista... Ensináronnos una tarxeta sanitaria e explicáronnos que a necesitamos para ir médico e incluso nos dixeron que os xogadores da selección española tamén teñen ese seguro. Como nos portamos tan ben déronnos una mochilas chea de agasallos. MOITAS GRAZAS POR TODO!!!!