Novas


17/05/17

HOMENAXE A CARLOS CASARES NO DÍA DAS LETRAS

Un ano máis o noso colexio encheuse de música e cores para conmemorar o Día das Letas Galegas. O preludio da celebración tivo lugar xa á  primeira hora da mañá cando un grupo de alumnos de E.P, vestidos con traxes rexionais recibía a toda a comunidade educativa  para entregar un díptico de Carlos Casares mentres soaban os acordes do himno. Tamén recitaron poemas nas aulas, elaboraron murais e marcapáxinas. A xornada prometía e... non defraudou! Tivemos poesía, coñecimos un pouco máis da vida e obra de Carlos Casares, emocionámonos coas "Campanas de Bastabales" de Rosalía, coñecimos aos  gañadores do  "I concurso de ortografía" e disfrutamos cunha espléndida actuación musical dun grupo de alumnas de 2º e 3º da ESO. Non tedes curiosidade? Pois aí os deixamos unha pequena mostra da celebración para que disfrutedes todos vós tamén un pouco. https://youtu.be/SrclsA7rI-c https://youtu.be/xPFq7TRjYaE https://youtu.be/t6FOfCDnthI

Fuente: https://www.youtube.com/watch?v=DF2LNB1r4wU&feature=youtu.be