Novas


23/05/17

DE CONCERTO CON LUIS VALLECILLO

Co gallo das Letras Galegas, os alumnos de Ed. Infantil e 1º e 2º curso de Primaria, asistimos a un concerto de Luis Vallecillo no colexio. Presentounos con música e monicreques “O mundo de Carliños” e foinos facendo un percorrido polas personaxes máis famosas de Carlos Casares que xa dende pequeno, soñaba con aquelas que facían voar a súa imaxinación como: unha galiña azul, as laranxas mais laranxas de todas as laranxas ou un can chamado Rin, cos que tamén todos nos, desfrutamos hoxe .

Fuente: https://www.youtube.com/watch?v=-lyGZP_hNIk&feature=youtu.be