Novas


29/05/17

HOMENAXE A LITA CABELLUT

A pasada semana celebrouse a Semana Internacional da Educación Artística e varios concellos do Salnés participaron nun proxecto organizado pola directora da Escola de Arte do Liceo-Casino, Cristina S. Villegas, que rendía homenaxe á artista española máis cotizada do mundo, Lita Cabellut. O noso centro quixo colaborar con este proxecto que consistía en facer unhas flores brancas para montar unha instalación na rúa e colorealas posteriormente con pistolas de auga cheas de pintura acrílica. Participaron os alumnos de secundaria que cursan a materia de Educación Plástica e Visual e o día 25 de maio ás 18.00 horas unha selección de 6 alumnos, armados con pistolas de pintura, dispararon xunto a Lita o seu cargamento acrílico ás flores feitas por diferentes colexios, asociacións e centros da comarca. Os alumnos puideron coñecer en persoa a unha artista internacional que demostrou que a arte é unha materia necesaria tanto no currículo académico coma na propia vida.