Novas


29/05/17

INFORMACIÓN SOBRE OS ITINERARIOS DE 4º DA ESO E SOBRE A CONTINUACIÓN DE ESTUDOS

Respondendo á petición dalgúns pais de 3º da ESO poñemos á vosa disposición a información ofrecida na reunión que se celebrou o 18 de maio.

En primeiro lugar os vosos fillos deberán elixir para cursar 4º da ESO:


• Unha destas dúas opcións:

“Opción de ensinanzas académicas para a iniciación ao bacharelato”: este itinerario está enfocado para os alumnos que queiran facer un bacharelato.
Nesta opción terán:
- Matemáticas orientadas ás ensinanzas académicas
- Bioloxía
- Economía
- Latín ou Física e química (elixir unha)

“Opción de ensinanzas aplicadas para a iniciación á formación profesional e ao bacharelato de Artes, Humanidades ou Ciencias Sociais”: este itinerario está indicado para os alumnos que queiran facer un ciclo.
Nesta opción terán:
- Matemáticas orientadas ás ensinanzas aplicadas
- Iniciación á actividade emprendedora e empresarial
- Ciencias aplicadas á actividade profesional
- Tecnoloxía ou latín (elixir unha)




• Por outra banda, ten que marcar por orde de preferencia (do 1 máis preferido ao 3 menos preferido) as seguintes materias das que cursará unha:

 Francés
 Ed. Plástica e visual
TIC´S


Tendes á vosa disposición no apartado CIRCULARES/SECUNDARIA desta web os cadros de optativas e do sistema educativo que se utilizaron na reunión.