Novas


01/06/17

CONVIVENCIA EN ARMENTEIRA DOS ALUMNOS DE 4º DA ESO

Como vén sendo habitual, os alumnos de 4º de ESO disfrutaron un ano máis dunha fermosa xornada de convivencia en Armenteira. Aproveitando ben o tempo, tiveron a oportunidade de facer unha visita guiada polo mosteirio cluniacense e aprender unha morea de cousas da historia da orden e das características arquitectónicas da igrexa; grazas á hospitalidade e agarimo das Irmás que alí conviven, os rapaces puideron disfrutar dun rato de conversa coa irmá Paula, coñecendo un pouco máis a súa vida cotiá, celebrar unha fermosa acción de grazas cun orixinal e sentido baile e compartir con todas elas unha das oracións da mañá. Moitísimas grazas! Despois do almorzo, chegou o momento de facer pernas e disfrutar da paisaxe da nosa contorna facendo o percorrido pola ruta da pedra e da auga. Como mostra da nosa andaina, dexámosvos un pequeno anaco fotográfico e esperamos que vós tamén vos animedes a disfrutar deste marabilloso lugar.