Novas


02/06/17

5º DE ED. INFANTIL VISITA O HIPER FROIZ

O mércores, día 31, fomos tódolos alumnos de 5º curso de Ed. Infantil ao Hiper Froiz, no Centro Comercial Arousa. A nai de Nerea de 4 anos “B”, invitounos a visitar o seu traballo. Ao chegar recibiunos coa súa encargada que tamén nos acompañou durante todo o percorrido. Rebeca, que así se chama a nai da nosa compañeira, foinos explicando as distintas seccións que hai neste hipermercado e, dun xeito especial, na que traballa ela, que é a chacinería. Comezamos polo punto de información, que é o lugar a onde temos que ir se, por un despiste, nos perdemos dos nosos pais cando imos mercar con eles. Antes, podemos pedir axuda ao garda xurado, que está pendente de que todo estea en orde. Camiño da panadería, atopamos nos estantes cousas que a tódolos nenos nos gustan moito como son, os chocolates. Xa sabemos que é necesario poñer luvas para coller a froita. Tamén aprendemos que moitos dos produtos que alí se venden teñen a súa orixe noutra parte e que veñen en grandes camións ata o almacén, onde se gardan, para logo ir repoñendo os estantes. Tamén hai outras seccións a parte das de alimentación ou hixiene, onde se venden electrodomésticos, material deportivo, roupa, puericultura, menaxe, libraría... Unha vez finalizada a visita, agasalláronnos a cada neno cunha bolsa con cousiñas, que nos fixo moita ilusión. Moitas grazas á nai de Nerea e a dirección do Hiper Froiz de Vilagarcía.