Novas


05/06/17

OFRENDA FLORAL E PROCESIÓN COA VIRXE MARÍA

Os nenos e nenas de Educación Infantil , primeiro e segundo de Primaria, o pasado martes 30 realizamos a xa tradicional procesión polo bosque e ofrenda floral á Virxe María, rematando así o mes dedicado á Virxe. Levamos a Virxe dende a entrada do colexio ata o bosque, rezando e cantándolle cantigas que estivemos a traballar nas aulas. Cando chegamos ao bosque cada curso entregoulle o seu ramo de flores, recitámoslle poemas e rezamos o Ave María dándolle as grazas por coidar de todos nos.