Novas


05/06/17

DÍA DO PROTAGONISTA EN EDUCACIÓN INFANTIL

Esta semana en 5 anos “A”:
• Tivemos unhas visitas moi especiais. Por un lado, a irmá de Sofía ensinounos a facer globoflexia, mentres que por outro, o pai de Laura veu falarnos da súa profesión de militar. Pasámolo en grande, tanto transformando os globos en espadas, canciños e xirafas, como entrando nunha das tendas de campaña do exército e coñecendo a súa labor humanitaria. Aquí mostrámosvos unhas imaxes. Un saúdo e grazas ás familias pola súa participación. Esta semana en 5 anos “B” tivemos dúas visitas:
• A visita dunha nai que traballa no porto. Ensinounos fotos do porto, da ría de Arousa, dos faros, de barcos Explicounos como teñen que facer os barcos para atracar no porto , que no mar non hai estradas pero hai que respectar os faros, se son verdes son de estribor (dereita) e se son vermellas a babor (esquerda). Logo tróuxonos una maqueta que tivemos completar, puxemos o porto, a illa de Sálvora e Cortegada , situamos Cambados , A illa, O Grove… e logo puxemos os faros que construímos nós mesmos con luces verdes , vermellas e brancas . Por último puxemos en practica o que aprendemos e cada un de nós tripulamos un barco para atracalo no porto. Fixémolo tan ben que nos cun faro con luces para a nosa clase e unas pinturas para cada un. MOITAS GRAZAS!!!!
• A visita dun pai que nos explicou en que consiste a súa profesión: traballa en vitaldent e contrata aos dentistas. Cunha presentación no ordenador vimos as partes da boca, os dentes … e coa axuda do ratonciño Perez aprendemos como cepillar ben os dentes, cantas veces hai que facelo, que é unha caries... e logo, pasamos á parte práctica cunha boca e un cepillo xigante aprendemos a cepillarnos de forma axeitada. Tamén vimos un vídeo de como traballa o ratonciño Perez para recoller os nosos dentes . Tivemos moita sorte porque de parte do ratonciño deixounos unha bolsa cun cepillo, locutorio, pasta de dentes, pinturas e globos. GRACIAS RATONCIÑO PEREZ E GRAZAS PAPÁ DE DIEGO!!!!