07/06/17
OS ALUMNOS DE 5º VISITAN MARCELLE
Unha experiencia rompedora!!! Os alumnos de 5º de primaria visitamos o parque natural de Marcelle.
Ademais dunha fauna animal e flora, puidemos disfrutar dunha entretida exposición artística, con obras fundamentalmente realizadas en madeira e pedra, que complementan a visita ao Parque.
De entre a grande diversidade de animais que vimos, os que máis nos gustaron foron:
• A suricata: é un animal escavador que vive en grandes galerías soterradas. É un animal carnívoro e vive na sabana seca ou areosa e en zonas rochosas.
• Babuíno: actualmente é o animal máis perigoso do parque, por riba do oso, o lobo e outros animais, grazas a súa conduta agresiva e as súas grandes mandíbulas.
Dentro do parque hai animais moi perigosos que deben por obrigación estar engaiolados xa que poderían atacar as persoas, entre eles están: o lince boreal, o lobo ibérico, o oso pardo, o xabarín, o babuíno...
Hai outros que poden estar en contacto coas persoas podendo ver en liberdade a algúns exemplares como: os emúes, as sitatungas, o walaby de Bennet, o ñandú…
Algúns dos monitores que nos acompañaron na visita ao parque contáronnos cousas moi interesantes acerca dos animais, como por exemplo:
• Os ollos das avestruces son compatibles cos dos humanos, é dicir, que se perdes un ollo pódenche poñer un de avestruz.
• Os cornos do Muflón de Córsega están feitos principalmente de queratina, xa que protexen o verdadeiro corno que está por dentro, e dependendo por onde se lle rompa pode volverlle a crecer.
Ademais das esculturas e animais tamén hai zonas de actividades e xogos como a ruta de kallac (que faise polo río Miño), tiro con arco… Cal probamos primeiro?????
Fixemos unha parada para comer no merendeiro co que disfrutamos, porque ao lado estaba o parque. Despois de comer rematamos a visita. E por suposto fomos á tenda de regalos.
FOI UN DÍA QUE NUNCA OLVIDAREMOS!!!!!!!!
Noticia realizada polos alumnos de 5º:
Sabela Falcón
Natalia Portela
Alex Piñeiro