Novas


26/06/17

UN CURSIÑO CON CÁRITAS

Nestes últimos días de curso, un grupo de alumnos de 4º da ESO participou nun cursiño de voluntariado en colaboración Cáritas Interparroquial de Arousa. O devandito curso comezou o luns 19 de xuño e desenvolveuse nas aulas do colexio, ata o que chegou persoal especializado procedente de Santiago. Na xornada do martes, os rapaces tiveron a oportunidade de desprazarse ata o viveiro e visitar o centro de acollida de de San Cibrán, onde puideron comprobar de primeira man o labor que o persoal de Cáritas realiza na procura de axudar aos máis desfavorecidos. Posteriormente, os nosos alumnos visitaron as dependencias do comedor social, lavandería e cociña e algún deles xa se apuntou como voluntario a pinche de cociña. Dá moita satisfacción comprobar a inquedanza e a capacidade de compromiso social que se pode atopar en certos sectores da nosa mocidade. Agradecemos, por último, aos responsables e colaboradores de Cáritas a excelente acollida que nos brindaron nestas xornadas. De todo queda a debida constancia na reportaxe gráfica que compartimos nesta páxina. Que sexa un verán feliz para todos.