Novas


28/09/17

TORNEO SAN FRANCISCO E MARIANA

Coma cada ano por estas datas o Colexio San Francisco está de celebración e cítanos para realizar un torneo deportivo na honra dos seus fundadores, San Francisco e Mariana. 

A data elixida para os partidos é o vindeiro luns, 2 de outubro. Nesta ocasión os encontros terán lugar no recinto deportivo de Fexdega, entre as 12:00 e as 14:00.

A actividade vai dirixida aos alumnos e alumnas da ESO pero hai prazas limitadas. Polo tanto dende o departamento de Educación Física faremos unha selección entre aqueles interesados e interesadas en participar. 

A idea é confeccionar catro equipos: un de chicos de 1º e 2º da ESO e outro de 3º e 4 da ESO; o mesmo sistema para as chicas. Estes equipos irán enfrontándose e rotando polas distintas disciplinas propostas pola organización: fútbol, baloncesto e voleibol.

Permanece atentos á web que para a semana contarémosvos os resultados.