O pasado 10 de outubro os alumnos asistiron a unha charla sobre o uso responsable das Tics ofertado polo SPAD. Nela reflexionaron sobre os diferentes perigos que a rede e as diferentes plataformas sociais poden ter para os menores. Tomar conciencia de situacións potencialmente perigosas prevee elementos como o ciber acoso ou posibles delitos contra a miña identidade.
Trala charla, os alumnos falaron coas súas familias sobre as Tics e trouxeron diversas reflexións. Quedan aquí reflectidas algunhas delas.
•“Poden conseguir os meus datos persoais gañando a miña confianza”
•“A xente da miña idade fai uso das redes sociais sen ser conscientes do dano que poden facer”.
•“Poden manipular as miñas fotos e publicalas”.
•“Dou datos persoais a persoas anónimas. Isto é un gran risco”.
• “Poden insultarme e eu non sei quen é”.
• “Pola nosa idade, os adultos poden manipularnos dunha maneira moi sinxela”.
•“Perdo a intimidade da miña vida”.
• “Os menores estamos expostos ás malas intencións. Nunca sabemos quen pode estar destrás dun perfil que parece auténtico”.
•“Poden localizarme e podo ter problemas”.
•“Podo sufrir ciber acoso dalgún descoñecido”.
•“Poden provocar adición e dores de cabeza”.
•“As redes sociais non son malas, os problemas prodúcense polo seu mal uso”.