Novas


24/10/17

1000 RAZÓNS PARA DICIR NON ÁS DROGAS

O vindeiro venres, 27 de outubro, a Fundación Galega Contra o Narcotráfico organiza o Torneo Deportivo Panos Brancos Contra a Droga. Con tal motivo, convidan aos institutos e colexios concertados de Vilagarcía a disputar uns encontros deportivos, co fin de fomentar hábitos saudables entre os xóvenes.

A actividade terá lugar no Complexo Deportivo de Fontecarmoa, entre as 10:00 e a 13:30, e enfrontará aos distintos centros en partidos de fútbol, baloncesto e probas de atletismo.

Dende o departamento de Educación Física estase realizando o proceso de selección dos xogadores que representarán ao noso Centro nos encontros. Tamén serán os encargados de portar a bandeira, asinada por todos alumnos da ESO, co lema 1000 razóns para dicir non as drogas.