Novas


02/11/17

UNHA SALA DE EXPOSICIÓNS TERRORÍFICA

Esta semana o noso salón de actos converteuse nunha sala de exposicións terrorífica. O motivo é a celebración do noso tradicional  concurso de cabazas de Halloween onde os alumnos sorprenderon unha vez máis pola súa imaxinación e creatividade.

A participación das familias, un ano máis, foi inmellorable e realizaron uns traballos estupendos. Cada ano sorpréndenos con novos personaxes e temas: dende a tradicional cabaza de medo ata outras máis novidosas e actuais coma os personaxes dos Minions, Mickey, Hello Kitty…

Orixinais decoracións, pintadas, talladas, variedade de tamaños…unha exhibición que pode visitarse no salón do Centro dende o pasado luns e que rematará o venres 3 de novembro.

Pero a  decoración e o espírito de Halloween non só chegou ao noso colexio en forma de cabazas, tamén as aulas e corredoiros cubríronse de arañas, morcegos, esqueletos e meigas. Ademais, os nosos mestres de inglés, recordáronnos a orixe da celebración de tan particular festa nas nosas clases.

Damos as grazas a tódolos alumnos e familias por participar coas súas cabazas tan…¡¡terroríficas!!