Novas


09/11/17

COMEZA O PROXECTO FARO NA ESCOLA

Como tivemos a sorte de estar entre os colexios seleccionados para participar no proxecto educativo que leva a cabo Faro de Vigo,  esta semana, os alumnos do segundo ciclo recibimos no cole a visita de Iñaki, Bruno, Sonia e Carmen,  un equipo de profesionais do periódico que nos van a axudar a levar a cabo esta iniciativa. Neste primer encontro explicáronnos o funcionamento do xornal: a confección de noticias, a maquetación da información, as fotografías...  Nesta viaxe coñeceremos a distintos autores literarios, asistiremos a charlas e conferencias, acudirán os do CSIC á escola, visitaremos as instalacións  para que os alumnos poidan ver o traballo dos xornalistas, fotógrafos , debuxantes... e da man dos nosos asesores levaremos a cabo a confección dun xornal que será o obxectivo principal do proxecto. Os alumnos acolleron esta actividade con moitísimo entusiasmo e xa teñen unhas gañas locas de empezar. Neste xornal todos imos  ser noticia: a escola, a familia, a vila, o noso entorno...

Estaremos atentos ao que suceda ao noso redor, seremos críticos, xustos, obxectivos, creativos e  sobre todo conseguiremos que nos resulte emocionante de principio a fin. 

Ánimo rapaces... a por todas!!!