Novas


10/11/17

O MAGOSTO

Estes días no noso colexio estábase a “cociñar” algo. Había moito balbordo. Sabedes que era? Aí vai unha pista:

<< Alta estou e ladrón vexo vir, mais, 

do meu carapucho, non podo fuxir.>>

A castaña! Claro. 

Xa chegou o Magosto, e como cada ano na familia filipense, celebrámolo por todo o alto.

O arrecendo a castañas asadas, invadiu o colexio dende o martes ata o xoves.

Este ano, ademais, é moi especial para nos xa que despois de tantos anos e xeracións, despedimos ao noso “castañeiro” oficial. Juan xubílase, e deixa o listón moi alto, aínda que esperamos que César non nos defraude. Invitarémolo nos vindeiros anos, pero esta vez para comelas.

Ademais de desfrutar destes froitos que nos trae o outono, os nenos e nenas de Infantil e Primaria, divertíronse dabondo participando en xogos tradicionais, que xa viñan practicando nas clases de Educación Física.

Así os nenos/as de Infantil mediron a súa rapidez e destreza nas carreiras de sacos, aros e circuítos. Os de primaria fixeron o seu, practicando dende percorridos con chapas e bailes coa buxaina ata saltos á corda e xogos coas canicas.

Todo o colexio estivo encantado con esta xornadas nas que a castañas e os xogos foron os protagonistas.

E lembrade que como di o refrán: "Castañas no Nadal saben ben e pártense mal". Así que a desfrutar delas canto se poida.