Novas


13/11/17

VISITA Á CASA DE ACOLLIDA DE SAN CIBRÁN

O Artigo 47 da Constitución Española di que todos os españois e españolas temos dereito a unha vivenda digna, mais en ocasións a realidade é ben diferente e moitas persoas viven neste país sen un fogar.

O próximo 26 de novembro Cáritas lanza a campaña de persoas sen fogar e, para coñecer máis a fondo esta realidade, o alumnado e algunhas profesoras de 1º de ESO visitamos a casa de acollida de San Cibrán en Sobradelo. Este proxecto, nacido no ano 2005, pretende dar un teito a quen o necesita e favorecer a súa inclusión social traballando as habilidades sociais e  a autonomía persoal.  A casa ten capacidade para 14 participantes e, dende o seu comezo, pasaron por ela máis de 200.

Na nosa visita, as persoas participantes e as traballadoras amosáronnos como é o seu día a día  e axudáronnos a comprender esta realidade e a liberarnos dos prexuízos. Agradecémoslles de corazón a calorosa acollida que nos deron e esperamos seguir en contacto con eles para futuros proxectos. 

E como dixo o noso compañeiro Pablo Castro no seu discurso dedicado ás persoas participantes: “A vida é un libro que non sabemos cando rematará pero esperamos que no final dos seus libros apareza un: E VIVIRON FELICES PARA O RESTO DOS SEUS DÍAS”.

Deixámosvos un vídeo da nosa visita. 

 

Fuente: https://www.youtube.com/watch?v=Ly_vDczMEgo&feature=youtu.be