Este luns, 13 de novembro, os alumnos de 4º de ESO tiveron a oportunidade de vivir una experiencia teatral única e, no entorno máxico do Teatro Principal de Santiago, asistiron á representación dunha obra do actor multidisciplinar, Ricardo Frazer.
A obra leva por título “Tempestades” e vén sendo representada por toda España durante máis de 25 anos, avalando so este dato a acollida da mesma entre o público.
Este espectáculo acerca a literatura á adolescencia mediante fragmentos de obras representativas e inmortais da historia universal; deste xeito, os alumnos poden ter ante os seus ollos a un ancián e sabio León Felipe, emocionarse co monólogo de Segismundo de La vida es sueño, sorprenderse co histriónico emperador Calígula ou revivir as dudas existenciais de Hamlet, entre outros.
Unha intensa introducción, realizada por María Bilbao, preparounos para o espectáculo que iamos ver, propiciando o respeto, a predisposición e o ambiente necesario para disfrutar, entender e senter o cúmulo de emocións e sentimentos que ían estar no escenario.
Frazer amosounos a verdadeira esencia do teatro, a súa dimensión como sinónimo de sentimento e que as grandes obras literarias o son, porque transmiten sentimentos universais.