Novas


15/11/17

STOP! PENSEMOS NA NOSA EDUCACIÓN VIAL

Ultimamente estamos a escoitar moitas noticias de ciclistas mortos nas estradas por accidentes con vehículos. Ás veces por infraccións dos condutores e outras, pode ser porque os ciclistas cometen imprudencias. 

É importante ter unha boa educación vial e coñecer o que debemos facer cando somos peóns ou cando levamos un vehículo.

Por iso, estes días, o 2º e 3º ciclo de Primaria recibimos a visita dun policía municipal de Vilagarcía.

O axente dounos unha charla de dúas horas aproximadamente onde lembrou aspectos tan importantes como a utilización do casco, chaleco reflector e cinto coma principais elementos de seguridade e insistiunos moitísimo en que nunca debemos esquecer de usalos. Quizais, tanta insistencia débese a realidade que tanto  os seus compañeiros coma el viven a diario e de iso, precisamente, púxonos moitos exemplos. 

Tamén fixo fincapé no respecto sempre aos sinais de tráfico, semáforos e axentes municipais.

Ensinounos a algúns,a outros só nolo recordou,  como indicar dereita e esquerda cando imos na bici para advertir aos demais do xiro que van facer o non pillar a ninguén por sorpresa.

Entre outras cousas, comentounos tamén que os peóns  teñen a obriga de cumprir con algunhas normas coma cruzar sempre por onde está indicado e sempre que sexa posible.

Foi unha charla moi animada onde  os alumnos queremos poñer un STOP aos accidentes de tráfico e imos poñer todo da nosa parte para intentalo.