Novas


13/11/17

R2D2, O CABALEIRO DA TRISTE FIGURA E OS ALUMNOS DE 3º DA ESO

O pasado luns, día 13 de novembro, os alumnos de 3º ESO visitamos a capital de Galicia para contemplar a exitosa obra de teatro xuvenil “R2D2 y el cabalero de la triste figura” no teatro principal, situado na zona vella desta cidade. Esta obra baséase no libro do Quixote pero tamén ten moitos momentos de humor grazas a R2D2. Este personaxe foi o que máis nos gustou. O actor portagonista é Ricardo Frazer, de procedencia arxentina.

Na miña opinión é una obra moi traballada, sinxela e un pouco longa. Iso si, estiven rindo todo o tempo e os que estaban na miña fila tamén. Recomedararíaa a calquera porque está moi ben e incluso eu, se puidera, volvería vela por segunda vez, porque cando remata quedas con ganas de vela de novo.

Por Alejandro Pita (3º da ESO B)