Novas


23/11/17

MADRE GERTRUDIS, UNHA VIDA, UN LEGADO

O 21 de novembro de 1858, fíxose realidade o soño de dous irmáns, Marcos e Gertrudis Castañer. Era unha época difícil, unha sociedade onde primaba o inmediato, a busca de traballo a unha idade temperá, e non importaba a educación e o futuro dos máis novos.

Para comprender cal é a función do noso colexio na actualidade, educar e formar persoas en valores cristiáns, debemos lembrar a nosa fundadora. Unha relixiosa cunha idea, unha fe e convicción, que derribou todas as barreiras da súa época. En pouco tempo, reuniron ata 300 nenos, fillos dos traballadores das fábricas dunha recente estreada “Revolución industrial”, ofrecéndolles unha formación tanto académica como cristiá. E isto, soamente era o comezo...

O seu legado continuou no tempo, e na actualidade, a Madre Gertrudis, é a referencia e o exemplo do noso día a día, tanto nas aulas, como na convivencia dos que formamos parte desta comunidade. Os seus valores, o seu carisma e xenerosidade, entregando a súa vida polos máis desfavorecidos, son o punto de partida para formar ós nosos alumnos.

Esta semana, educación infantil e primaria, celebraron o Día da Fundadora, e os alumnos acudiron á capela a participar nesta onomástica. Dando grazas, recordamos a súa figura, a súa vida, e á importancia da súa presenza na nosa familia Filipense. Nunca debemos esquecer os nosos orixes. Debemos sentirnos orgullosos de formar parte deste soño que un día tiveron os nosos fundadores, e que cada un de nós, o estamos facendo realidade. A nosa labor é continuar, con sinxeleza, esta fermosa historia de amor ós demais.…