Novas


28/11/17

COMEZA O III TORNEO DE ORATORIA EXPRESS

Ao longo desta semana e durante os primeiros días da vindeira desenvolverase no Centro o III Torneo de oratoria express no que participará o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO. Na primeira fase cada orador/a disporá de 50 minutos e dun ordenador para preparar a súa intervención. Transcorrido ese tempo, comparecerá diante dos seus compañeiros/as de aula (que actuarán como xuíces/as) para expoñer a súa postura a favor ou en contra da cuestión formulada. O alumno/a de cada curso que acumule máis puntos pasará á fase final, que se desenvolverá o 5 de decembro, coincidindo cos actos de homenaxe ao Estatuto de Autonomía e á Constitución Española.

A actividade ten como obxectivo fomentar a capacidade dialéctica do alumnado, as súas habilidades para a oratoria e a súa capacidade de argumentación, buscando, ademais, coa modalidade de “express”, conferirlle o plus da inmediatez.