Novas


30/11/17

SEIS EQUIPOS DE 4º DA ESO PARTICIPAN NO YOUNG BUSINESS TALENTS

O alumnado da materia Iniciación á actividade emprendedora e empresarial de 4º da ESO, dividido en seis equipos, comezou a semana pasada a súa participación no torneo Young Business Talents. A actividade permitiralles ter a experiencia de xestionar, a través dun simulador avanzado, unha empresa virtual. Este ano teñen o difícil reto de superar aos compañeiros/as do curso pasado, no que un dos equipos estivo a piques de clasificarse para a final.