Novas


30/11/17

MERGULLÁNDONOS NO ABN

O método ABN é un método de cálculo que axuda ó alumnado a comprender o que fai cando resolve unha operación ou problema, chegar ao cálculo mental de xeito sinxelo é natural, ademais de aumentar a súa capacidade de resolución de problemas.  Baséase nun aprendizaxe manipulativo, que parte das experiencias concretas e familiares para o alumnado e lles permite a comprensión de todos os procesos que debe realizar no cálculo. 

No noso colexio implantámolo este ano en Educación Infantil para darlle continuidade de xeito progresivo nos vindeiros cursos de primaria e secundaria.

Por que este método? Por que os resultados amosan que se trata dunha solución verdadeiramente eficaz para axudar a que os alumnos desenvolvan a súa competencia matemática. 

O ano pasado os mestres de matemáticas comezamos a mergullarnos neste marabilloso mundo do ABN, descubrindo cada vez máis posibilidades, materiais e actividades para facer das matemáticas unha divertida aventura da que todo os nenos desexen formar parte. E así, un sábado máis, xuntámonos para seguir aprendendo e ilusionándonos xuntos.