Novas


11/12/17

O ALCALDE DE VILAGARCÍA PARTICIPA NO ACTO DE HOMENAXE Á CONSTITUCIÓN DO ALUMNADO DA ESO

O pasado día 5 de decembro o alcalde, Alberto Varela, asistiu ao acto de homenaxe á Constitución e ao Estatuto de Galicia organizado polo profesorado e alumnado da ESO. 

O acto abriuse cunhas palabras de acollida da directora pedagóxica, Juliana Garrido, e continuou coa intervención de varios alumnos e alumnas dos diferentes cursos de secundaria. O momento culme foi a final do III Torneo de oratoria express na que o rexedor actuou como presidente do xurado e da que resultou vencedor Pablo Castro, de 1º da ESO. 

Alberto Varela pechou a homenaxe cunhas palabras dirixidas ao alumnado nas que se amosou encantado de volver ao que foi o seu colexio e lembrou os bos momentos vividos nel. Fixo tamén, na súa intervención final, unha posta en valor da Carta magna e do estatuto de autonomía e unha apelación ao diálogo nestes momentos de tensión territorial e institucional.

Fuente: http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2017/12/06/pablo-castro-gana-iii-concurso/1798931.html