Novas


17/12/17

ILUSIÓN E DESEXOS DE BO NADAL NO ESCENARIO DO AUDITORIO

O Auditorio de Vilagarcía acolleu na tarde do venres o noso tradicional Festival de Nadal. Unha cita ineludible para alumnos e familias que marca o final do primeiro trimestre e invita a compartir en familia estas datas tan especiais. Un ano máis, toda a Comunidade Educativa dou mostra da súa ilusión e esforzo e deleitou ao concorrido público cunha gran variedade de panxoliñas.   

Os cursos de Educación Infantil foron os primeiros en saír a escena. Nunha actuación multitudinaria e chea de momentos entrañables, os máis pequenos presentaron as panxoliñas ensaiadas ao longo das últimas semanas e as familias descubriron entusiasmadas as súas boas dotes artísticas.

Acto seguido chegou a quenda de Educación Primaria. Diversión e calidade caracterizaron as cancións e coreografías que presentaron con ilusión os alumnos do primeiro e segundo ciclo e que contou como colofón final coa presencia estelar de Papá Noel. 

Coa emotiva e divertida actuación dos alumnos de Jofil deu comezo a última sesión da tarde a cargo do terceiro ciclo de primaria e os cursos da ESO. Os maiores sucedéronse sobre o escenario con propostas variadas, innovadoras e emotivas. O acto de entrega de diplomas por parte de Cáritas a cada alumno voluntario deunos a oportunidade de aplaudir e recoñecer o compromiso social de todos eles e así concluír unha festiva e emotiva xornada de Nadal.   

Aquí tendes os enlaces das noticias que saíron na prensa:

Faro de Vigo

Diario de Arousa