Novas


17/12/17

PROXECTO: A RÚA

Para un bo desenvolvemento pola rúa necesítase coñecer algúns aspectos relevantes do que nos podemos atopar nas mesmas.

Este traballo foi o que levamos a cabo durante o primeiro trimestre os alumnos do 6º curso de Ed. Infantil.

Partimos do que sabemos e  a través da investigación, experimentación e vivencias fomos descubrindo todo aquilo que queriamos saber decatándonos do compromiso que temos como cidadáns, o cal reflíctese no amor e o respecto polo lugar onde habitamos. Cumpre tamén destacar as actividades realizadas  de educación viaria que nos levaron ao coñecemento do entorno e que nos axuda no noso desenvolvemento diario.

Algunhas familias ampliaron e completaron o noso proxecto contándonos as súas experiencias, aportando información e colaborando estreitamente na realización de diversas maquetas.

Como resultado final materializamos o aprendido nunha exposición aberta que recolle os novos coñecementos adquiridos ao longo do trimestre e fixemos unha saída visitando os edificios máis emblemáticos da nosa vila. Un agradecemento especial pola súa acollida a Don José, cura párroco; ao alcalde Don Alberto Varela e demais persoal do Concello; ao persoal da biblioteca pública; as vendedoras da Praza de Abastos ; aos membros de Protección Civil que nos acompañaron durante o percorrido e tamén as nosas familias .