Novas


21/12/17

ALGUNHAS OBRAS DE ALUMNOS DA ESO NA MOSTRA "SAUDARTE"

Este ano algúns artistas de Secundaria participaron na mostra de arte que a Organización contra o Narcotráfico de Vilagarcía organniza cada ano, "Saudarte"

Nesta exposición móstranse as obras máis destacadas que os alumnos foron realizando durante o primeiro trimestre: algúns retratos ou debuxos máis artísiticos.

Temos grandes artistas no cole e pouco a pouco vanlle perdendo o medo a compartir a súa creatividade.

Podedes visitar a exposición no Auditorio de Vilagarcía de Arousa, do 20 de decembro ao 13 de xaneiro.