Novas


22/12/17

TEÑO UNHA POSTAL PARA TI!

Xa chegamos ao final deste trimestre e, para celebralo, como cada ano ademais do festival de panxoliñas, fixemos a xa tradicional exposición de postais de Nadal e, sabedes que?......Vaia artistas temos no noso cole!!!!! Quedaron fabulosas!!!

Ademais, tivemos moita diversidade de temas. Os máis pequeños debuxaron unhas fantásticas árbores de Nadal. Os  nenos e nenas de primeiro decantáronse por esbozar a figura dun boneco de neve, nos cursos de segundo os temas xiraron tamén en torno a neve e nos cursos superiores, o tema era libre.

Ademais da exposición de postais,  os nenos de primeiro de primaria, fomos este mércores a unha misión moi importante: enviarlle a carta aos Reis Magos!!! E sabedes que?, ao chegar, tivemos unha sorpresa inesperada. Papanoel estábanos a esperar recentemente chegado de Laponia!!!! Algún de nós aproveitou para recordarlle que tamén lle escribiramos a el unha cartiña neste Nadal, non vaia a ser que se esquecera! 

A verdade e que, a oficina de Correos estaba chea de xente, aínda así, a directora tivo toda a paciencia do mundo con nós.  Xa sabedes que nestas datas, é moi frecuente enviar e recibir postais de Nadal dos nosos seres queridos, aínda que , por desgraza, hoxe en día a xente xa felicita aos seus familiares vía sms ou redes sociais.

Xa temos que deixarvos, non sen antes despedirnos como se fosemos o mesmísimo Sir Henry Cole, quen no ano 1843 escribiu a primeira postal de Nadal!

Desexándovos un Bo Nadal e un Prospero Ano Novo, despedímonos de todos vos ata o 2018!!!

Boas Festas a todos!!!