O cultivo ecolóxico dos produtos da terra é algo que aprenderon os alumnos do 6º curso de Ed. Infantil na visita que fixeron este trimestre á plantación ecolóxica Kiwi Daquí.
Nesta visita vimos todo o proceso do cultivo do kiwi, o traballo das miñocas para converter os desperdicios orgánicos en humus e así servir de abono, o emprego do refráctometro para medir o azucre dos kiwis e o concurso do “kiwi máis grande” onde cada un de nós elixiu un kiwi para deixalo medrar e chegar ao seu punto de azucre e aprendemos que para conseguir a súa maduración é necesario gardalos no medio das mazás. Rematamos coa visita a “Pequena Aldea dos Gnomos e Bosque das Fadas” e cunha degustación de gominolas feitas con produtos ecolóxicos.
Grazas pola acollida e o trato recibido.