Novas


12/01/18

ACTIVIDADES DA ANPA (CABALGATA DE REIS E ENTROIDO)

Compartimos as fotos da escolta que a ANPA organizou para a Cabalgata de Reis. Un grupo de nenos e pais pasámolo moi ben, ademais o tempo acompañou. Foi moi emocionante estar coas súas Maxestades de Oriente.

Ademais aproveitamos para comunicar a todos os alumnos e familias que para Entroido estamos organizando unha comparsa, o próximo xoves 18 de xaneiro ás 17 horas, teremos unha reunión no Colexio. Esperamos a todos os interesados para realizar as inscripcións e comentar todo o relativo ao disfraz.

Tamén organizaremos unha festa de Entroido para os nenos, o vernes 9 de febreiro no salón do Liceo-Casino cun formato similar ao do ano pasado.

A Xunta directiva da ANPA