Novas


16/01/18

A MOCHILA VIAXEIRA

Neste comezo de ano, o centro decidíu,  coa axuda da AMPA, apostar por unha actividade de fomento da lectura, “ A Mochila Viaxeira”. Esta ten como obxectivo animar aos nosos alumnos a ler no seu tempo de lecer. Dende o colexio cremos que unha das mellores maneiras de facelo é en compaña dos seus pais co fin de fomentar a unión e a complicidade entre eles.

Desta maneira cada un dos nosos alumnos levará unha mochila con varios libros, películas ou artigos en distintos idiomas, a modo de préstamo para ler na casa en familia.

O prazo de permanencia na casa  é de dez días.

Agardamos que esta iniciativa sexa do voso agrado e que valoredes o grande esforzo que o colexio realiza para que os nosos nenos adquiran o hábito da lectura