Novas


29/01/18

O MAR FEITO POESÍA CON GARCÍA TEIJEIRO

Os nosos alumnos de 3º e 4º de E.P. recibiron a pasada semana  a visita do poeta vigués Antonio García Teijeiro, gañador do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.

Garcia Teijeiro recitounos poemas do seu libro “Poemar o mar”, libro co que estivemos traballando estes meses na clase. Os rapaces gozaron moito non só dos seus poemas senón tamén de historias persoais, cancións… Iso si, como non podería ser doutra forma, a maior parte estaban dedicadas ao mar.

Tróuxonos un amigo que tamén nos recitou, Martiño, que inda que era de trapo, sabía cantar.

Puidemos facerlle varias preguntas… moitas preguntas, ás que o escritor contestounos moi amablemente.

A visita forma parte do programa Faro da Escola, unha iniciativa á que os alumnos destes cursos quixemos participar e que termina coa elaboración do noso propio  xornal.

Grazas Antonio,  porque Poemar o mar é un pracer.