Novas


02/02/18

MÚSICA EN DIRECTO NO AUDITORIO DE GALICIA

Un ano máis, os alumnos de 2º e 3º da ESO asistiron aos concertos didácticos programados pola concellaría de Acción Cultural de Santiago de Compostela no Auditorio de Galicia. Con música en directo e dunha maneira moi divertida, o alumnado de 2º da ESO tivo oportunidade de coñecer conceptos claves da música vocal e coral grazas ás marabillosas voces de Las Lollipops, un trío musical formado polas cantantes Paula Romero, Marian Ledesma e Paty Lesta que contou con Cristian Leggiero como pianista acompañante. A mañá continuou polas rúas compostelás coa visita ao casco antigo da cidade, á Praza do Obradoiro e á Catedral de Santiago, puntos de referencia importantísimos da nosa cultura e historia.

Pola súa parte o alumnado de 3º da ESO asistiu a un espectáculo completo que ligou distintas artes: música, danza e teatro. O dúo de percusión Dúas e as bailarinas de arte contemporáneo Exire foron as encargadas de presentar Todo é percusión, un espectáculo que permitiu a o noso alumnado experimentar ritmos e tomar conciencia de que todo o mundo pode crear música a partir dos obxectos cos que convivimos.