Novas


30/01/18

TRABALLANDO VALORES: O DÍA DA PAZ

Os alumnos do CPR Sagrada Familia Filipenses ao longo de todo o mes de xaneiro estiveron traballando o valor da paz. Este ano escolleuse a canción de Coloreando días grises para educación infantil e educación primaria e a de Lánzalo para a ESO.

Os nenos de E.I. e E.P. traballaron nas clases aquelas accións que os fan felices a eles e ás persoas do seu entorno máis próximo e crearon unhas listas a onde poder acudir para dar cor a un día gris. Os maiores pola súa banda, escribiron as súas mensaxes de paz e felicidade en avións de papel que logo lanzaron como símbolo de espallamento da mensaxe e da ilusión por un mundo mellor.