Como xa contamos neste espazo, os días 16 e 23 de febreiro ás 12:00 e ás 17:00 h. organizaranse no noso centro unhas xornadas de portas abertas onde se lles dará toda a información que precisen, tanto do funcionamento e liña educativa do Colexio coma do proceso de admisión.
Adiantamoslles a seguinte información:
- Prazo do 1 – 20 marzo (IMPORTANTE: SÓ SE PODE PRESENTAR UNHA SOLICITUDE)
Para admisións distintas das de 4º Ed. Infantil, a familia que presente solicitude noutro centro deberá comunicalo ao mesmo tempo no centro de orixe.
Para solicitudes de 1º Prim e 1º ESO os alumnos que teñan reserva de praza nun centro deberán comunicar a renuncia á reserva se presenta solicitude de admisión noutro centro.
DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR (do 1 ao 20 de marzo)
As solicitudes, deberán estar firmadas polos dous proxenitores, presentaranse, tal como figura no cadro anterior do 1 ao 20 de marzo na Administración do Colexio ou ven por vía telemática, tendo que aportar de todas formas de forma presencial os seguintes documentos adxuntos:
- Documento que acredite a idade do neno. Libro de familia completo da unidade familiar.
- Certificado de matrícula do centro de orixe nos casos de admisións distintas de 4º Ed. Infantil.
- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, de ser o caso.
- No caso de separación ou divorcio a solicitude ten que estar firmada polos dous proxenitores e adxuntar o DNI do que non convive co neno.
DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR NO CASO DE TER QUE BAREMAR (máis solicitudes que prazas) (do 23 de marzo ao 5 de abril)
- Certificado de empadroamento municipal, no que figuren todos os membros da unidade familiar que conviven nel. O empadroamento deberá ter unha antigüidade mínima dun ano, respecto ao fin do prazo (20 marzo) e expedido neste ano. De haber un cambio de domicilio menor a un ano de antigüidade, deberá xustificarse con documentación da vivenda. Opción do domicilio de traballo. Asalariado: certificado de empresa e fotocopia do contrato traballo. Autónomo: Alta censal de Facenda e alta Seg. Social.
- Renda da unidade familiar. Suma das casiñas 392 e 405 da declaración da renda das persoas físicas do ano 2016, dividir o importe entre os que viven na casa (pai, nai, fillos), se o resultado está nesta táboa, terá puntos de renda.
- Fotocopia do libro de familia numerosa. Traer o orixinal para cotexar.
- Certificado oficial de minusvalía do pai, nai, alumno ou irmáns do neno. Consellería de Traballo e Benestar
- Criterio de libre disposición: Aprobado polo Consello Escolar e comunicado a Inpección. Pai, nai ou irmá antigo alumno do centro. Fotocopia do título ou ano en que saiu do centro para comprobar actas.
CRITERIOS DE BAREMACIÓN:
Unha vez finalizado o prazo de entrega de solicitudes, a Consellería de Educación procederá ao baremo das solicitudes recibidas en cada centro seguindo esta orde.
CRITERIOS DE DESEMPATE.
- Maior puntuación por irmáns/ás no centro
- Pai, nai ou titor traballando no centro
- Maior puntuación por proximidade do domicilio familiar ao centro ou lugar de traballo de nai, pai ou titor/a.
- Maior puntuación por renda per cápita da unidade familiar
- Condición de familia numerosa
- Condición de familia monoparental
- Maior puntuación por concorrencia de discapacidade
- Criterio establecido polo centro educativo
En caso de manterse o empate, resolverase mediante o criterio de orde alfabético comezando polos apelidos máis próximos a aquelas letras que sairán no sorteo público
Podedes consultar todos os documentos e descargar as solicitudes no link que tendes baixo estas liñas