Novas


28/02/18

INFANTIL APRENDE CÁLCULO CO MÉTODO ABN

En Educación Infantil, este curso comezamos a traballar cun novo método de cálculo, chamado Método ABN (Aberto Baseado en Números). Trátase dun método moi manipulativo e visual, no que o alumnado aproxímase aos conceptos de número, cantidade, conteo, descomposición e incluso aos primeiros cálculos dunha forma lúdica, mediante materiais da vida cotiá. Este método adáptase ao nivel de cada alumno/a. 

A estas alturas do curso, xa se encontran totalmente familiarizados con el, e podemos afirmar que notamos unha maior motivación e entusiasmo  cara o traballo nesta área. Destacamos tamén unha melloría moi notable na capacidade de estimación  e cálculo, na creatividade das respostas do alumnado e  na súa seguridade cando están resolvendo os problemas plantexados.

En definitiva, os/as nosos/as nenos/as aprenden moito máis rápido, mellor, con moito menos esforzo, de forma máis lúdica e creativa,  chegando moito máis lonxe e entendendo mellor as actividades aritméticas.