Novas


03/03/18

REMATA A PARTICIPACIÓN NO YOUNG BUSINESS TALENTS

Os seis equipos da materia de Iniciación á actividade emprendedora e empresarial de 4º da ESO puxeron punto e final á súa participación no Young Business Talents 2018. A actividade permitiulle ao alumnado ter a experiencia de xestionar, a través dun simulador, unha empresa virtual. Non foi un gran ano para as empresas filipenses, pero o alumnado puido gozar da oportunidade de experimentar o mundo empresarial e de desenvolver as súas habilidades para os negocios.