Novas


27/02/18

PEQUENOS LAZARILLOS

Para rematar o mes de febreiro os alumnos do primeiro ciclo fixemos unha dinámica de confianza moi entretida, “O lazarillo”. Tiñamos como obxectivo fomentar a confianza entre os compañeiros e sentir o que é ser invidente e poder así comprender as persoas con capacidades diferentes.

Puxémonos en parellas, un levaba unha venda que lle impedía ver e o outro debía guiar ao seu compañeiro por un camiño cheíño de obstáculos. Tivemos que ir moi pouquiño a pouco escoitando as instrucións dos compañeiros para lograr completar o camiño con éxito. 

Ao rematar fixemos unha reflexión sobre como nos sentimos e que debemos facer se unha persoa invidente necesita a nosa axuda.