Novas


07/03/18

CREATIVIDADE EN GALEGO DOS NOSOS ALUMNOS DE 3º DA ESO

Na Idade Media, o galego-portugués vive a súa época de esplendor, sendo a lingua lírica e da cultura en toda a Península.

Os alumnos de 3º da ESO, dende a materia de Lingua galega e Literatura, poñen de manifesto que o trobadorismo, as cantigas medievais e o galego son atemporais e seguen en voga nos tempos modernos.

Unha "cantiga de amigas" acopañada da música e do baile dunha muiñeira, unha "barcarola" con guiñol e mesmo un "rap medieval" son algunhas das mostras de orixinaliade e creatividade dos nosos alumnos.