Neste segundo trimestre, o alumnado do 4º curso de Educación Infantil levamos a cabo o proxecto : “Os Indios”.
Nos primeiros días, en asemblea, descubrimos os coñecementos previos que tiñan os nosos/as nenos/as, e partindo deles, decidimos que queriamos saber.
Iniciamos logo a fase de documentación, cada un dos alumnos/as aportou diverso material relacionado coa temática, como por exemplo: contos, películas, maquetas, bonecos, tipis, debuxos, totems, armas de caza…).
Cada día, fomos aprendendo cousas novas sobre os indios: coñecemos que viven nas praderías de América e as súas casas chámanse Tipis. Viven formando tribus ou poboados. Son cazadores, sobre todo, de búfalos e bisontes; e para iso utilizan arcos, frechas, lanzas, etc. Desprázanse pola terra en cabalo (cabalo Mustang que e é branco e marrón). As Tipis constrúense con peles, paus e cordas. Coas peles, fabrican tamén a súa roupa e calzado (mocasíns). Comunícanse con sinais de fume e son tamén pescadores. Polo río desprázanse en canoa, fuman a pipa da paz, píntanse a cara e póñense plumas (penacho). Danzan arredor da fogueira, tocando o tambor, o pau da choiva e en cada tribu hai un Chamán. Fabrican atrapa soños e aliméntanse de millo e cabazas. Tamén aprendemos as costumes de algunhas tribus como: os apaches, os sioux, os navajos e os cherokees.
Neste proxecto, tamén participaron varias familias visitando a nosa aula, para realizar diversas actividades (bailes, contos, disfraces…). Agradecémoslle a súa grande implicación e resaltamos que a participación das familias é moi motivadora para os nosos/as nenos/as sentíndose nese momento os protagonistas deses días.
Durante o entroido, todos/as nos disfrazamos de indios/as, con gran variedade de disfraces e formamos a “Tribu do Tapón”. Neste día de festa pasámolo xenial, cos bailes, cancións, e coa visita das familias para ver o noso fantástico desfile.
A temática deste proxecto resultou realmente moi atractiva, motivadora e interesante.