Novas


25/03/18

BUSCANDO O TESOURO COS NENO DA ESCOLA INFANTIL "BONECOS"

Este xoves, os nenos e nenas da Escola Infantil Bonecos visitaron o noso cole, como xa fixemos nos o pasado trimestre. Nada máis chegar, convertémolos en “corsarios”, realizando un xuramento pirata. De seguido, dividímonos en grupos formados por nenos/as de ambos centros, en busca de pistas que nos axudasen a atopar o noso tesouro. Cada pista traía consigo un anaco do mapa que levaríanos a el. Para conseguilos, tivemos que adiviñar certos enigmas da vida pirata. ¡Acertámolos todos e conseguimos todos os anacos que formaban o mapa! Xa tiñamos todo para atopar o tesouro, polo que fomos na súa procura. Estaba no bosque do noso cole, xunta o reloxo de sol; ¡¡¡un cofre cheo de moedas de chocolate!!! 

Pasámolo xenial, e queremos dar as grazas dende aquí ás mestras da Escola Infantil e ás directoras por acompañarnos nesta divertida actividade.