Novas


10/04/18

O CORREDOR DAS MULLERES REBELDES

O mes de marzo o alumnado de 1º ESO realizou diversas actividades para visibilizar o papel da muller na sociedade. Todos os días ao comezo da mañá leron pequenas historias sobre mulleres que deixaron unha forte pegada na historia; unha mostra son as fiestras da 1ª galería onde se poden ver moitos deses nomes. O corredor chamárono " Corredor das mulleres rebeldes", onde puxeron 100 nomes de mulleres transgresoras. A porta deste corredor decorouse en violeta, porque o traballo de Igualdade ten como lema "Abrindo portas violetas".

Dende a materia de Lingua Galega elaboraron unhas bandas deseñadas coa temática da Igualdade. Estes traballos estiveron expostos na galería co gallo do Día da muller e foron valorados polo profesorado para un concurso interno. Tívose en conta o deseño, a redacción, o correcto uso da lingua galega e a adecuación á temática proposta.