Esta fin de semana celebrouse un encontro especial do grupo JOFIL. Visitounos a Irmá Cristina Merino, responsable da pastoral xuvenil dos colexios filipenses.
O venres pola tarde fixemos unha xuntanza cos monitores. Abordáronse temas de avaliación de obxectivos, actividades, experiencias e plantexamos a necesidade de promover a participación activa das familias dos alumnos que forman parte deste grupo. Como monitores reflexionamos sobre as actitudes e os dones persoais que Deus nos regalou e que compartimos entre compañeiros e cos membros do grupo. Concluimos que debemos coidar a nosa motivación para motivar; a nosa implicación para implicar; a nosa reflexión para facer reflexionar.
O sábado pola mañá traballamos cos nenos unha dinámica de interiorización para caer na conta de como nos escoitamos a nos mesmos e como escoitamos aos que están ao noso carón. Fixemos tamén unha interpretación con xestos de valores filipenses como a ledicia, a sixeleza...
Estamos contentos e agradecidos por te compartido coa Irmá Cristina Merino esta xornada.