Novas


30/04/18

UN ANO MÁIS ALGÚNS ALUMNOS DE 6º PARTICIPARON NO REBUMBIO MATEMÁTICO

O pasado venres, 27 de abril, acudimos un ano máis, ao REBUMBIO MATEMÁTICO, que se celebrou en Pontevedra ao longo da mañá. Collemos un tren ben cedo cun grupo de seis alumnos de 6º de primaria, dispostos a pasar unha entretida e completa xornada arredor das matemáticas. Os rapaces foron agrupados en dous equipos, con nomes a cada cal máis ocurrente: “Reacción Matemática”, formado por Natalia Portela, An Ran Cheng e Gonzalo Rodríguez,  e “Terceira Xeración” integrado por Manuel Pita, Sergio Alba e Pedro Silva.

Ademais dun axeitado razoamento matemático, tiveron que demostrar as súas capacidades de traballo colaborativo,  xa que nesta proba a resolución dos problemas é en equipo.

Nuns días saberemos se algún dos equipos (ogallá os dous), pasa á fase final, que terá lugar o día 25 de maio na cidade de A Coruña.