Novas


30/04/18

PARTICIPACIÓN FILIPENSE NA OLIMPÍADA MATEMÁTICA

O pasado xoves catro aumnos de 2º da ESO, presentáronse á Olimpíada matemática na cidade de Pontevedra. É unha proba realizada pola asociación de matemáticos AGAPEMA, na que se examina aos mellores talentos matemáticos de toda Galicia, para valorar a súa audacia e rapidez á hora de contestar unha serie de problemas de lóxica matemática.

A mediados do próximo mes publicarán as listas cos 5 clasificados de cada provincia e a proba final será en Lugo a principios de Xuño.