Novas


03/05/18

VISITA DO ALUMNADO DE 5º DE INFANTIL Á GRANXA O KIRIKO

Os nenos e nenas de 4 anos fomos, de excursión de final de curso, á Granxa Kiriko. Nada máis chegar, formamos equipos. Para diferenciarnos, pintáronnos a cara con diferentes distintivos e cores. Despois, comezamos a realizar diversas actividades; vimos e tocamos ós porcos vietnamitas, ós cabalos e máis ás vacas. Aprendemos a muxir a unha delas. Visitamos ás aves, e démoslle de comer ós coellos, entre outras cousas. Xa no invernadoiro, tomamos boa nota de como sementar o centeo e coidar as plantas. 

Ó rematar todas estas tarefas, fomos tomar un merecido xantar, para despois, comezar a realizar “O pan que facemos e que comemos”. Empregamos tódalas nosas forzas para amasalo. Unha vez saído do forno, despedímonos dos monitores e subimos ó autobús de volta a casa. Estábamos tan esgotados que a maioría votamos una merecida sesta no camiño.